'Linguaxe extensible de informes de negocios', linguaxe que pretende estandarizar o formato de distribución de información financeira entre os diferentes provedores e consumidores mediante XML.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
XBRL
Información complementaria:
Esta linguaxe nace da proposta lanzada en 1998 por Charles Hoffman, experto contable e auditor. Baséase na definición de taxonomías, conxunto de metadatos que describen os datos a reportar, o formato e a estrutura que estes teñen, así como as relacións entre os datos. Tecnicamente estas taxonomías son esquemas XML, que deberán cumprir as normas establecidas pola especificación XBRL. Por outro lado os datos que se queren reportar, é dicir, os feitos económicos dunha entidade e un período temporal concreto, son representados mediante o que se chaman informes XBRL que tecnicamente son arquivos XML, que farán referencia á taxonomía, esquema XML, no que están baseados.
Ver tamén:
eXtensible Markup Language