Proceso de transformación dun sinal analóxico en dixital, segundo a seguinte secuencia: filtrado, mostraxe, cuantificación e codificación, co propósito de facilitar o seu procesamento (codificación, compresión, etc.) e inmunizalo fronte ao ruído e outras interferencias que afectan máis aos sinais analóxicos, constituíndo a base para a dixitalización nas telecomunicacións.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Existen circuítos que realizan automaticamente a moi alta velocidade a conversión dun sinal analóxico a outro dixital, e viceversa. Analóxico refírese á representación continua de variables físicas como a tensión ou a intensidade, e dixital, á representación da información mediante combinación de unidades binarias (valores discretos).
Ver tamén:
analóxico; conversor analóxico-dixital; dixital