Proceso que consiste en volver obter unha copia dos datos dun soporte físico (disco duro, CD, DVD, memoria externa, etc.) que xa non son accesibles directamente.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Contratei a unha empresa especializada en recuperación de datos para reconstruír o proxecto que me borrou un virus.Información complementaria:
Existen dous casos diferenciados: que a recuperación de datos sexa necesaria debido a un fallo lóxico (borrado accidental, virus, formatado, etc.) ou dun fallo físico.
No primeiro caso empréganse programas especializados que percorren todos os sectores do sistema de almacenamento en cuestión intentando reconstruír o maior número de arquivos posibles.
Nun segundo caso, cómpre acudir a empresas moi especializadas que contan con laboratorios moi sofisticados para ter un acceso físico ao interior do disco. Este é un proceso máis caro, xa que existen poucos laboratorios en cada país coa capacidade de realizalo.