Sistema de publicidade en liña de Google mediante o rexistro na web co que se poden publicar anuncios de produtos que aparecerán tanto na páxina principal de Google coma nas dos afiliados con temática relacionada coas palabras claves que se dispuxeron.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
Google AdWords
Exemplo:
Teño que abrir a miña conta de AdWords.Información complementaria:
Funciona mediante a elección de determinadas palabras claves e un sistema de CPC ou CPMI.
Ver tamén:
AdSense; custo por millar; custo por prema