Cafetería onde o público pode acceder a un equipo conectado a Internet, normalmente pagando en función de canto tempo se usa.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Exemplo:
Como non teño Internet na casa, vou consultar o meu correo a un cibercafé.Información complementaria:
Para moita xente supuxo o seu primeiro achegamento a Internet. Co paso do tempo e a popularización das conexións da banda ancha domésticas e móbiles, a súa clientela diminuíu. Agora é máis importante o seu emprego como sala de xogos en rede.
Ver tamén:
Internet; ciber-