Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

anisotropía

Característica xeral dos materiais en función da súa estrutura interna orientada, pola cal algunha das súas propiedades presenta un valor que depende da dirección na que sexan medidas ou observadas.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
A anisotropía é a propiedade de ser dependente da dirección, sendo o contrario de isotropía, que indica homoxeneidade en todas as direccións. Con respecto a determinadas propiedades físicas do material (condutividade, temperatura, velocidade de propagación, tanxente de perdas, etc.), a anisotropía indica que estas varían segundo a dirección na que son medidas ou observadas. Por exemplo, o cristal ou os metais son materiais isótropos ou de estrutura interna non orientada, mentres que a madeira é un material anisótropo.
Antónimos: 
isotropía
Ver tamén: 
isotropía
Traducions
Tradución castelán: 
anisotropía
Tradución francés: 
anisotropie
Tradución inglés: 
anisotropy