Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

transformada wavelet

Función matemática que consiste nunha transformada de Fourier truncada, baseada en utilizar versións retardadas e escaladas dunha mesma función base.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
wavelet
Exemplo: 
A transformada wavelet, ás veces, tradúcese como ondiña pero este termo non é universalmente aceptado.
Información complementaria: 
Aplícase normalmente á compresión de imaxes de "alta frecuencia". En tratamento dixital do sinal emprégase o termo "alta frecuencia" no sentido de cambio brusco de cor. Utilízase nos estándares JPEG2 e en MPEG4. A comezos dos 80 Jean Morlet e Alex Grossmann introduciron o termo francés ondelette que logo foi traducido ao inglés por wavelet, de wave (onda) e o diminutivo let (pequena). Normalmente a transformada wavelet calcúlase a través da aplicación reiterada de filtros.
Ver tamén: 
transformada; transformada de Fourier
Traducions
Tradución portugués: 
transformada wavelet; wavelet; ondaleta (BR)
Tradución castelán: 
transformada wavelet; wavelet; ondícula; ondeleta; ondita; óndula
Tradución francés: 
transformé en ondelette
Tradución italiano: 
trasformata wavelet; wavelet; analisi wavelet
Tradución inglés: 
wavelet transform; Wavelet
Tradución alemán: 
Wavelet-Transformation; Wavelet