Modelo teórico de antena que radia uniformemente en todas as direccións do espazo coa mesma magnitude, sendo o seu diagrama de radiación unha esfera con ganancia unitaria.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Emprégase como referencia para indicar o valor de potencia isótropa radiada efectiva (PIRE) dado por outros tipos de antenas. A ganancia de radiación doutras antenas exprésase en unidades de decibelios con respecto á ideal do radiador isótropo, definindo así o dBi; deste xeito, unha antena dipolo presenta unha ganancia de 2.15 dBi.
Ver tamén:
ganancia; ganancia de antena; potencia isotrópica radiada equivalente; dBi