Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

código Bose Chaudhuri Hocquenghem

Código detector e corrector de erros.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
código BCH
Abreviatura: 
BCH; código BCH
Información complementaria: 
Os erros de transmisión nas liñas débense a moitos factores, como o ruído térmico, o ruído impulsivo e o ruído de intermodulación. Dependendo do medio de transmisión e do tipo de codificación empregado, pódense presentar outros tipos de anomalías como ruído de redondeo e atenuación, así como cruzamento de liñas e eco. Existen dúas estratexias diferentes para o tratamento dos erros: códigos detectores de erro, que consisten en incluír nos datos transmitidos, unha cantidade de bits redundantes de forma que lle permita ao receptor detectar que se produciu un erro, pero non qué tipo de erro nin onde, de forma que ten que solicitar retransmisión, e códigos correctores de erro, onde seguindo a mesma filosofía que o anterior, se inclúe información redundante pero, neste caso, a suficiente como para permitirlle ao receptor deducir cal foi o símbolo que se transmitiu; e, polo tanto, o receptor ten capacidad para corrixir un número limitado de erros.
Ver tamén: 
código corrector; redundancia dinámica
Traducions
Tradución portugués: 
código Bose Chaudhuri Hocquenghem; código BCH
Tradución castelán: 
código BCH; código Bose Chaudhuri Hocquenghem
Tradución francés: 
code BCH; code de Bose Chaudhuri Hocquenghem
Tradución italiano: 
codice BCH; codice di Bose Chaudhuri Hocquenghem
Tradución inglés: 
BCH code; Bose Chaudhuri Hocquenghem code
Tradución alemán: 
Bose Chandhuri Hocquenghem Code; BCH-Code