Rede formada por un grupo de sensores con certas capacidades sensitivas e de comunicación sen fíos que permiten formar redes ad hoc sen infraestrutura física preestablecida nin administración central.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Concepto relativamente novo en adquisición e tratamento de datos con múltiples aplicacións en distintos campos tales como contornos industriais, domótica, contornos militares, detección ambiental. Estas redes caracterízanse pola súa facilidade de despregamento e por ser autoconfigurables podendo converterse en todo momento en emisor, receptor e ofrecer servizos de encamiñamento entre nodos sen visión directa, así como rexistrar datos referentes aos sensores locais de cada nodo. Outra das súas características é o súa xestión eficiente da enerxía que lles permite obter unha alta taxa de autonomía que as fan plenamente operativas.