Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sen retorno a cero

En telecomunicacións, códigos nos que a voltaxe non volve a cero entre bits consecutivos de valor un.

Categoría Gramatical: 
locución adverbial (a tempo)
Información complementaria: 
Mediante a asignación dun nivel de tensión a cada símbolo simplifícase a tarefa de codificar unha mensaxe. A codificación en banda base considérase como unha disposición diferente dos bits do sinal on/off, deste modo adáptase o sinal ao sistema de transmisión utilizado. Para iso empréganse os códigos tipo sen retorno a cero. Unha clasificación atendendo ás modulacións situaría os códigos sen retorno a cero dentro das portadoras e moduladoras dixitais coma os códigos Manchester, Bifase, RDSI, etc. Atendendo á forma de onda binaria pódense clasificar estes códigos como unipolares (a voltaxe que representan os bits varía entre 0 voltios e +5 voltios). Este tipo de código non é recomendable en longas distancias principalmente por dous motivos. En primeiro lugar, porque presentan niveis residuais de corrente continua e, en segundo, pola posible ausencia de suficientes números de transicións do sinal que permitan a recuperación fiable dun sinal de temporización. Os polares desprazan o nivel de referencia do sinal reducindo á metade a potencia necesaria con referencia á unipolar. No receptor e no transmisor débese efectuar unha mostraxe de igual frecuencia. Este código non é autosincronizante, e a súa principal vantaxe é que ao empregar pulsos de longa duración require menor ancho de banda ca outros sistemas de codificación que empregan pulsos máis curtos.
Traducions
Tradución portugués: 
sem retorno a zero
Tradución castelán: 
sin retorno a cero; códigos NRZ
Tradución francés: 
non retour à zéro ; NRZ
Tradución italiano: 
NRZ; non ritorno a zero; senza ritorno a zero
Tradución inglés: 
Non-Return to Zero; NRZ
Tradución alemán: 
NRZ; Non-Return to Zero