En teoría de circuítos eléctricos, teorema que establece que un xerador de tensión en serie cunha impedancia pode ser substituído por un xerador de corrente en paralelo coa mesma impedancia e viceversa.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Coñécese con este nome en honor ao enxeñeiro Edward Lawry Norton, dos Laboratorios Bell, que o publicou nun informe interno no ano 1926.
Ver tamén:
teorema de Thévenin; circuíto equivalente de Thévenin; circuíto equivalente de Norton