En teoría de circuítos eléctricos, teorema que establece que se unha parte dun circuíto eléctrico lineal está comprendida entre dous terminais A e B, esa parte pódese substituír por un circuíto equivalente, constituído por un xerador de tensión en serie cunha impedancia, de xeito que ao conectar un elemento entre A e B, a tensión que cae nel e a intensidade que o atravesa son as mesmas tanto no circuíto real como no equivalente.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Ver tamén:
teorema de Norton; circuíto equivalente de Thévenin; circuíto equivalente de Norton