Local ou habitáculo onde se instalarán os elementos necesarios para a subministración dos servizos de RTV, dos servizos SAFI e dos posibles novos servizos que xurdan baseados na transmisión por radiofrecuencia.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
RITS
Exemplo:
Hoxe non se concibe unha edificación nova sen un RITS.Información complementaria:
Nel aloxaranse os elementos necesarios para axeitar os sinais procedentes dos sistemas da captación de emisión radioeléctricas de RTV, para a súa distribución pola ICT do inmoble ou, no caso de SAFI e doutros servizos, os elementos necesarios para trasladar os sinais recibidos ata o RITI (Recinto Instalacións de Telecomunicacións Inferior).
Ver tamén:
recinto de instalación de telecomunicacións inferior; recinto de instalación de telecomunicacións único