Arquitectura de rede que se caracteriza polo feito de que as comunicacións se realizan entre un emisor e varios receptores.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
arquitectura punto a multipunto
Información complementaria:
A comunicación por telefonía móbil é unha arquitectura multipunto debido a que se produce desde unha antena aos receptores móbiles.
Ver tamén:
arquitectura punto a punto; conexión punto a multipunto; conexión punto a punto; conexión multipunto; entrada única e saída múltiple; entrada única e saída única; entrada múltiple e saída múltiple; envío multipunto; envío punto a punto