Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

filtro adaptativo

Dispositivo que intenta modelizar a relación entre sinais en tempo real de forma iterativa.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Diferénciase dos filtros dixitais en que estes últimos teñen coeficientes invariantes no tempo, mentres que un adaptativo pode cambiar a súa forma de comportarse, é dicir, pode cambiar os seus coeficientes de acordo cun algoritmo adaptativo. De feito non se saben os coeficientes do filtro cando se deseña, estes coeficientes son calculados ao implementar o filtro e reaxústanse automaticamente en cada iteración mentres dura a súa fase de aprendizaxe. O feito de que estes filtros non sexan invariantes temporais e que tampouco sexan lineais fai que o seu estudo sexa máis complexo que o dun filtro dixital, xa que non se poden aplicar, agás nun par de excepcións, as transformacións en frecuencia, dominio Z, etc.
Ver tamén: 
filtro; frecuencia
Traducions
Tradución castelán: 
filtro adaptativo
Tradución inglés: 
adaptiver filter
Tradución alemán: 
adaptiver Filter