Protocolo libre para mensaxería instantánea baseado no estándar XML e xestionado por XMPP Standards Foundation.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
Jabber
Información complementaria:
A rede de Jabber está formada por miles de grandes e pequenos servidores en todo o mundo, interconectados por Internet. Habitualmente a rede é utilizada por ao redor dun millón de persoas. É o proxecto máis aceptado como a alternativa libre ao sistema MSN Messenger de Microsoft, ao AOL ou ao Yahoo Messenger. Aínda que é un protocolo bastante minoritario, está crecendo máis cada día grazas aos usuarios e a Google que creou un cliente de mensaxería instantánea que utiliza Jabber, Google Talk.