'Páxinas de servidor activo', tecnoloxía de programación fortemente tipada de Microsoft que se interpreta nun servidor propietario, o Internet Information Services.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
ASP
Información complementaria:
Ten unha sintaxe moi similar ao Visual Basic de Microsoft. Na última versión, ASPX, integrouse completamente coa plataforma .Net. O máis interesante desta tecnoloxía é o manexo de obxectos Active X e as bases de datos Access e MS SQL Server e que permite facilmente crear aplicacións que funcionen tanto en cliente como en servidor. Actualmente estase a dar un cambio na filosofía de programación, pois pasouse dunha linguaxe interpretada como ASP a unha compilada (pre-compilada) a través da tecnoloxía MSIL (Microsoft Intermediate Language) que achega a plataforma .Net a Java (da empresa Sun Microsystems), o seu gran rival. Na definición fálase de "tecnoloxía de programación" e non de "linguaxe de script" porque en ASP.Net pódese escribir tanto en Visual Basic Net, c# (sharp), J# como en Visual Studio.Net.
Ver tamén:
Internet Information Services; Microsoft