Técnica de compresión de datos que xera cadeas de datos con densidade de bits constante ao longo do tempo do audio ou vídeo, e que produce arquivos dun tamaño proporcional unicamente á súa duración temporal e á súa calidade en densidade de bits.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Este sistema aplica unha densidade de bits uniforme durante todo o tempo, tanto se se trata dun silencio prolongado coma se hai unha imaxe moi complexa e moi cambiante. A pesar de que "rate" en inglés significa "taxa", "ratio", "relación" ou "velocidade", semella lexítimo falar de "densidade" debido a que a estrutura variable dos bits é independente de se transmite ou non os datos contidos neles. Non debe confundirse a densidade de bits co fluxo de bits (velocidade na transferencia).
Antónimos:
densidade de bits variableVer tamén:
cadea de bits; densidade de bits; densidade de bits variable; fluxo de bits; velocidade de transferencia