Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

carro da compra

Conxunto de aplicacións asociadas á zona virtual dun sitio web de compra electrónica onde o usuario vai colocando os obxectos ou servizos, permite engadir ou eliminar artigos á selección daqueles que se van mercar, visualizar os prezos e características destes e elixir entre distintos métodos de pagamento.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
cesta da compra; capacho da compra; carro da compra virtual
Exemplo: 
Cada vez que vostede preme o botón 'comprar' asociado a un produto, engádese 1 unidade ao seu carro da compra e móstrase unha pantalla detallando os produtos que vostede leva acumulados ata ese momento.
Traducions
Tradución portugués: 
cesto de compras; carrinho da compra
Tradución castelán: 
carro de la compra; cesta de la compra; cesta
Tradución francés: 
panier
Tradución italiano: 
carrello di acquisto
Tradución inglés: 
shopping cart; cart
Tradución alemán: 
Einkaufswagen