Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

programa conversador

Programa que intenta simular un ser humano na conversa cunha persoa física a través de textos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
robot de conversa; programa de conversa
Exemplo: 
O programa conversador está bastante desenvolvido e entende moitas expresións non formais.
Información complementaria: 
O obxectivo é que as persoas teñan a impresión de falar con outra persoa. O robot é capaz de seguir unha conversa con máis ou menos lóxica, coa condición de formular enunciados sinxelos e coherentes. O termo en inglés 'chatterbot' xurdiu de xuntar as palabras 'chatter' (persoa que conversa) e 'bot' (abreviatura de 'robot'), é dicir, un robot que conversa coas persoas. Michael Mauldien (creador de Julia, o primeiro Verbot) inventou esta palabra en 1994 para describir estes robots de conversa na Twelfth National Conference on Artificial Intelligence.
Ver tamén: 
Artificial Iintelligence Markup Language; Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart; intelixencia artificial
Traducions
Tradución portugués: 
chatterbot; chatbot
Tradución castelán: 
bot de charla; bot conversacional
Tradución francés: 
agent conversationnel
Tradución italiano: 
chatbot; chatterbot
Tradución inglés: 
chatterbot; chatbot
Tradución alemán: 
Chatterbots; Chatbots; Bots