Aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación ao ámbito da saúde que pode comprende desde o diagnóstico ata o seguimento dos pacientes, pasando pola xestión das organizacións implicadas nestas actividades.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
sanidade en liña; sanidade electrónica; saúde electrónica; saúde-e
Exemplo:
Os avances no eido da saúde en liña permitirán a moitos anciáns pasar consulta sen se mover da súa casa.Información complementaria:
Desde a perspectiva dos cidadáns, a saúde en liña ofrece vantaxes en materia de información ao mesmo tempo que é capaz de proporcionar diagnósticos alternativos.
Ver tamén:
telemedicina