Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

televisión de alta definición

Televisión cunha resolución maior que a televisión normal e que require un grande ancho de banda.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
A televisión de alta definición ofrécenos unha imaxe de maior calidade que o sistema PAL.
Información complementaria: 
A característica máis importante é a maior definición de imaxe ofrecida pola televisión de alta definición comparada cos sistemas actuais. O son transmítese en formato Dolby Digital e ofrece 5.1 para aproveitar os sistemas de altofalantes con son envolvente. Se o PAL empregaba unha resolución de 768×576 píxeles, a HDTV pode chegar a resolucións maiores (1920×1080 e 1280×720 píxeles, sempre usando a proporción 16:9). Estas altas resolucións conséguense enviando o sinal comprimido mediante algunha codificación como MPEG.
Ver tamén: 
alta definición; Dolby; Dolby Digital; Motion Pictures Experts Group; píxel
Traducions
Tradución portugués: 
televisão de alta definição; HDTV
Tradución castelán: 
televisión de alta definición; TVAD
Tradución francés: 
télévision à haute définition; TVHD
Tradución italiano: 
televisione in alta definizione; HDTV
Tradución inglés: 
High Definition TeleVision; HDTV
Tradución alemán: 
High Definition Television; HDTV