Unidade dos ángulos no Sistema internacional que se utiliza para a fase dos sinais sinusoidais xa que cando se normalizan as frecuencias en Hz (multiplicando por 2*pi) obtéñense frecuencias angulares medidas en radiáns por segundo.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
Rad
Información complementaria:
Xeometricamente o radián equivale a 180/pi graos. Dous sinais cunha diferenza de fase de pi están en contrafase, isto é, teñen sempre valores opostos
Ver tamén:
fase; Sistema Internacional