Descrición da potencia de emisión dunha antena incluída a potencia eléctrica entregada á mesma e a ganancia da antena.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
PRA
Exemplo:
Os gap-fillers ou pequenos reemisores de TDT están limitados por lei a un máximo de 1 W de potencia radiada aparente para evitar interferencias.Información complementaria:
Concepto moi similar a PIRE. A PRA é un parámetro moi utilizado para describir emisoras e receptoras de TV e/ou radio. Na potencia radiada aparente sempre se utiliza a ganancia da antena referida ao dipolo en lambda medios, que é a antena de referencia da radiodifusión.
Matematicamente calcúlase multiplicando a potencia eléctrica pola ganancia (en unidades naturais) ou sumando ambas as dúas cantidades, cando se expresan en dB.
Ver tamén:
ganancia de antena; potencia isotrópica radiada equivalente