Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

tipos de arquitecturas e topoloxías en domótica

Característica que define o modo en que se van localizar os diferentes elementos de control que forman o sistema e, en especial, se se van instalar un, varios, ou ningún controlador.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina que non admite singular (dereitos de autor, carton blanchi)
Sinónimos: 
arquitecturas e topoloxías en domótica
Exemplo: 
Existen arquitecturas e topoloxías en domótica similares ás da informática.
Información complementaria: 
Na instrución ITC-BT 51 de REBT (Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión), contémplanse tres tipos: o sistema centralizado, o sistema descentralizado e o sistema distribuído. O sistema centralizado reúne aqueles sistemas cuxos compoñentes se unen a un nodo central que dispón de función de control e de mando. Os sistemas descentralizados e distribuídos fan o propio con todos aqueles cuxos compoñentes comparten a mesma liña de comunicación, dispoñendo cada un deles de función de control e de mando.
Traducions
Tradución castelán: 
arquitecturas y topologías en domótica
Tradución inglés: 
Architectures and topologías in domótica