Sistema mediante o cal a liña de comunicación está compartida por todos os elementos ou nodos do sistema que reciben ou transmiten os sinais a través do mesmo bus (cable ou conxunto de cables paralelos conectados a todos os nodos).
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
n/a
Información complementaria:
Sempre que hai subsistemas conectados á mesma liña de transmisión falamos dun bus.
Por exemplo a comunicación entre as partes dun ordenador (CPU, memoria, periféricos) realízase a través dun bus.
A topoloxía en bus en domótica é utilizada por algúns sistemas propietarios. Esta rede presenta algúns problemas ou complicacións como as limitacións de lonxitude, a dificultade de localizar as roturas no cable, a obrigatoriedade de establecer un sistema de dirección do emisor e do receptor ou a necesidade de implementar un protocolo de comunicación máis sofisticado. Tamén ofrece vantaxes interesantes como unha transmisión do sinal a moi baixa tensión funcional (MBTF), duns 12 Vcc, unha instalación sinxela, modulable, económica e flexible ou un funcionamento da rede pouco vulnerable ante o fallo dun dos nodos.
En redes de ordenadores pódese empregar esta topoloxía. O principal problema neste caso é a utilización dun medio común por todas as estacións, polo que son habituais as colisións de tráfico, diminuíndo a velocidade da rede. Antigamente empregábanse moito nas redes locais, pero hoxe en día case non se usan xa que se substituíron por outro tipo de redes.







