Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Digital Radio Mondiale

'Radio dixital mundial', sistema de radiodifusión dixital en ondas decamétricas baseado en COFDM e cun ancho de banda de 10 kHz, con máis canles por banda e de mellor calidade que a radiodifusión en amplitude modulada.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
DRM
Exemplo: 
Inaugurouse unha nova estación emisora de Radio Exterior de España que emite en DRM.
Información complementaria: 
O consorcio que apoia esta plataforma foi fundado por Radio France Internationale, TéléDiffusion de France, BBC World Service, Deutsche Welle, Voice of America, Telefunken e Thomson SA. O nome orixinal é un híbrido inglés ("Digital Radio") e francés ("Mondiale")
Ver tamén: 
modulación de frecuencia; modulación de amplitude; radiodifusión sonora
Traducions
Tradución castelán: 
Digital Radio Mondiale
Tradución italiano: 
Digital Radio Mondiale
Tradución inglés: 
Digital Radio Mondiale; DRM