'Código de audio avanzado', formato para a compresión de sinais de audio dixitais baseado na codificación perceptual.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
AAC
Exemplo:
O Nokia N95 permite a reprodución de arquivos AAC.Información complementaria:
Foi desenvolvido coma substituto do formato mp3 no estándar MPEG-2, proporciona mellor calidade de son para un mesmo tamaño de arquivo e permite unha calidade de audio aceptable para taxas de bits (bitrates) pequenas.
Este formato foi escollido por Apple para os seus reprodutores IPod así como tamén por distintos fabricantes de teléfonos móbiles. Os arquivos de audio codificados con este formato teñen a extensión de ficheiro ".aac".
Ver tamén:
codificación perceptual