Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

autenticación

Procedemento de xestión de acceso que se usa para comprobar a identidade da orixe dun cliente, usuario, servizo, mensaxe, persoa ou proceso para acceder a un recurso, aplicación ou poder realizar un proceso ou acción dererminada.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
O portal presenta un xestor de autenticación baseado no recoñecemento do usuario e do contrasinal.
Información complementaria: 
A autenticación baséase en algortimos criptográficos asimétricos como as cifraxes de clave pública. Por exemplo, se A sabe que B é o único que sabe calcular raíces cadradas A envíalle a B un número grande e B devólvelle a raíz. A non sabe calcular raíces pero pode comprobar que está ben calculada (e que polo tanto o interlocutor é realmente B). Os algoritmos de cifraxe asimétrica permiten definir operacións matemáticas que dependen de dúas claves: unha para realizar a operación directa e outra para a inversa. Unha das claves faise pública e a outra é retida en privado polo usuario. Así ese usuario será o único que pode xerar certos resultados, pero calquera poderá comprobalos. Cando un usuario entra nun sistema, este ten que recoñecelo como auténtico, non como impostor. Segundo a complexidade da técnica utilizada para este fin temos diferentes métodos de autenticación.
Ver tamén: 
cifraxe; sinatura electrónica
Traducions
Tradución portugués: 
autenticaçâo
Tradución castelán: 
autenticación; autentificación
Tradución francés: 
authentification
Tradución italiano: 
autenticazione
Tradución inglés: 
authentication
Tradución alemán: 
Authentifizierung