Antena dipolo de lonxitude igual á metade da lonxitude de onda de traballo, onde a corrente segue unha distribución sinusoidal, formando unha onda estacionaria cun nodo da onda localizado nun dos extremos do dipolo e o antinodo no outro extremo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
As curvas utilizadas para calcular coberturas veñen calculadas para un dipolo de media onda no papel de antena emisora.Información complementaria:
O diagrama de radiación configúrase como un toroide lixeiramente achatado de sección circular con valor de radio interno nulo. A súa ganancia con respecto ao radiador isotrópico ten un valor de 2.15 dBi.
Aínda que non é unha antena que se use na práctica é un exemplo que aparece en moitos libros de texto e considérase a antena de referencia de radiodifusión. O dipolo de media onda ten unha ganancia de 2.17 dB. Moitas veces a ganancia das antenas exprésase referenciada a esta (G(respecto dipolo) = G-2.17).
Ver tamén:
antena; dipolo; ganancia; lambda