Unidade de taxa de transferencia equivalente a 10^6 bits durante un segundo de tempo.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
Mb/s; Mbit/s; Mbps
Exemplo:
Estou baixando unha película da rede a 14 Mbps.Información complementaria:
Hoxe en día, as velocidades de transmisión altas fan que prolifere canda vez máis o uso dos prefixos quilo (kbps), mega (Mbps) ou xiga (Xbps).
Ver tamén:
megabit; quilobit por segundo; xigabit por segundo