'Rede de área local de radio de altas prestacións', estándar do ETSI para redes de comunicación sen fíos que operan no rango de 5.725–5.825 GHz.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
HIPERLAN
Información complementaria:
HIPERLAN xurdiu como un intento para crear unha versión sen fíos de ATM, e como unha alternativa europea a IEEE 802.11, pero foi superada por esta. HiperLAN1 acada taxas de 20 Mbps e HIPERLAN2 ata 54 Mbps. HIPERLAN utiliza unha modulación OFDM.
Ver tamén:
European Telecomunications Standards Institute; Wi-Fi