'Canle de fibra', especificación creada polo ANSI para conseguir unha conexión de alta velocidade entre computadores e periféricos, desenvolvida para substituír o protocolo High Performance Parallel Interface e como alternativa ao protocolo de curta distancia SCSI.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
X.3230
Abreviatura:
FC
Información complementaria:
O medio físico preferido é a fibra óptica, alcanzando distancias de 500 m ou 50 Km (dependendo do tipo de fibra). Alcánzanse anchos de banda de ata 10 Gbps. Está deseñado para soportar copias espello e copias de seguridade. Fibre Channel é a tecnoloxía que se utiliza habitualmente nos sistemas NAS. Existen ademais pasarelas de conexión con redes de comunicación como ATM, SONET, Ethernet, etc.
Ver tamén:
American National Standards Institute; interface paralela de alto rendemento; Small Computers System Interface