Sistema de control de erros no que a detección dun erro activa un proceso de corrección automática no receptor.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Úsase nas redes de acceso de celas para o envío de SMS, correo electrónico ou no acceso a Internet, tamén se usa frecuentemente nas comunicacións por satélite. Este sistema require que os datos transmitidos sigan unha serie de regras e que inclúan a redundancia suficiente para que o receptor poida identificar, illar e corrixir un certo número de erros sen necesidade de retransmisión. As técnicas máis comúns son os códigos Hamming e BCH. A correción de erros sen canle de retorno adóitase usar en liñas ruidosas con pouco ancho de banda, ou nas que a latencia é moi elevada (para evitar as retransmisións).
Ver tamén:
código Bose Chaudhuri Hocquenghem; código Hamming