Familia de códigos de corrección lineal de erros utilizados nas técnicas FEC.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
Os códigos Hamming permiten corrixir erros dun só bit engadindo múltiples bits de paridade a un conxunto de datos.Información complementaria:
Un dos códigos Hamming máis simples é o 7,4. Utiliza cada bloque de 4 bits para calcular un valor de 3 bits que se concatena aos 4 bits orixinais para a transmisión. Se se altera algún dos 7 bits durante a transmisión, o dispositivo receptor pode identificar e corrixir o erro.
Ver tamén:
corrección de erros sen canle de retorno