Cada un dos golpes de luz que se produce na pantalla cando se fai un varrido en televisión ou cada vez que a luz dun proxector de cine atravesa o fotograma construíndo a imaxe do fotograma na pantalla do cine.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Información complementaria:
Para non notar os pantallazos estes deben ser un número bastante alto (50 ou máis en cada segundo). Pantallas máis grandes, máis brillantes e con máis luz ambiente precisan de maior número de pantallazos por segundo.
Ver tamén:
frecuencia de cadro; frecuencia de imaxe