Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

contraste (01)

Parámetro de calidade que mide a diferenza entre o valor máximo e mínimo do brillo dun píxel dunha imaxe, pantalla ou grupo de píxeles.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
NA
Abreviatura: 
NA
Exemplo: 
NA
Información complementaria: 
Unha imaxe ou fotografía ten pouco contraste cando a diferenza entre o brillo máximo e o mínimo é pequena. Nesta situación é difícil distinguir os obxectos. Non se debe confundir contraste con brillo. Unha imaxe pode ter moito brillo (puntos moi luminosos) e pouco contraste, se a diferenza entre o máximo e o mínimo é pequena. Unha imaxe branca ten brillo máximo e contraste nulo (e tamén información nula). O mando de contraste dos televisores e monitores permite aumentar/diminuír nunha porcentaxe o brillo de todos os puntos co que gañamos/perdemos visibilidade da información presente na imaxe.
Ver tamén: 
brillo; colorimetría
Traducions
Tradución castelán: 
contraste
Tradución francés: 
contraste
Tradución italiano: 
contrasto
Tradución inglés: 
contrast
Tradución alemán: 
Kontrast