Pantalla plana que, debido ao seu peso lixeiro, dá unha moi boa calidade de imaxe, un bo tempo de resposta e que se ve desde un ángulo moi grande de visión.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Estas pantallas, ademais dos elementos polarizadores típicos das pantallas LCD, conteñen unha matriz de transistores TFT nos que se almacena o estado de cada píxel durante o tempo de refresco do resto de píxeles da pantalla (equivalente á remanencia dos luminóforos nas pantallas do tubo de imaxe). Este método proporciona unhas imaxes máis claras e brillantes que as conseguidas por pantallas de matriz pasiva do mesmo tamaño. No 2009, son as pantallas que se atopan na gran maioría dos ordenadores portátiles.
Antónimos:
pantalla de matriz pasiva