Combinación de dúas ou máis canles de información nun só medio de transmisión usando un multiplexor.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Abreviatura:
MUX
Información complementaria:
O proceso inverso coñécese como desmultiplexación. Un concepto moi similar é o de control de acceso ao medio. Existen moitas estratexias de multiplexación segundo o protocolo de comunicación empregado. Adoitan combinarse diferentes estratexias buscando o uso máis eficiente. Os máis utilizados son:
- a multiplexación por división de tempo ou TDM (Time division multiplexing );
- a multiplexación por división de frecuencia ou FDM (Frequency-division multiplexing) e o seu equivalente para medios ópticos, por división de lonxitude de onda ou WDM (de Wavelength);
- a multiplexación por división en código ou CDM (Code division multiplexing);
Cando existe un esquema ou protocolo de multiplexación pensado para que múltiples usuarios compartan un medio común, por exemplo en telefonía móbil ou Wi-Fi, adoita denominarse control de acceso ao medio ou método de acceso múltiple. Como métodos de acceso múltiple destacan:
- o acceso múltiple por división de frecuencia ou FDMA;
- o acceso múltiple por división de tempo ou TDMA;
- o acceso múltiple por división de código ou CDMA.
Ver tamén:
control de acceso ao medio; CDM; método de acceso múltiple; multiplexación en frecuencia; multiplexación por lonxitude de onda; multiplexor