Ataque ao sistema que intercepta a comunicación entre dúas partes e modifica parte dos datos para suplantar a unha ou a varias entidades participantes na comunicación.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
ataque; janus
Abreviatura:
MitM
Exemplo:
Existen numerosos exemplos de protocolos que ao longo do tempo foron sensibles aos ataques man-in-the-middle.Información complementaria:
Nunha comunicación entre A e B, un atacante M busca a forma de suplantar a A para enviarlle unha mensaxe falsa a B. Para evitar este tipo de ataques son necesarias infraestruturas de autenticación mutua.
Ver tamén:
autenticación; infraestrutura de clave pública