Fonte luminosa que emite unha serie de escintileos moi breves en rápida sucesión para producir exposicións múltiples das fases dun movemento.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
NA
Abreviatura:
NA
Exemplo:
Para facer esa fotografía é necesario un flash con capacidade para emitir luz estroboscópica.Información complementaria:
Esta ferramenta utilízase para iluminar corpos que se moven moi rapidamente, polo que, ao iluminar desta maneira, só se percibe o obxecto nos instantes en que este está iluminado, obtendo unha visión como en fotogramas.
Se o obxecto que se move o fai cun movemento periódico e os golpes de luz se sincronizan co movemento do obxecto pode conseguirse ver o obxecto coma se estivese parado. Se a frecuencia de repetición dos instantes nos que se acende a luz é lixeiramente inferior á de repetición dos movementos do obxecto, pode verse o obxecto móbil coma se este se movese a cámara lenta.
Tamén é unha luz ampliamente utilizada en discotecas para ver os bailaríns como en fotogramas.
Os flashes estroboscópicos, úsanse sobre todo en fotografía científica, aínda que teñen outros campos. Estes permitiron obter magníficas fotografías, por exemplo, na área do deporte.
Ver tamén:
flash