Ordenador de pequeno tamaño e peso e gran facilidade de uso que se pode levar posto no corpo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
O proxecto Wearable Cinema/Wearable City equípanos con "ordenadores vestibles" para unha experiencia comparable a mirar unha película desde dentro do plató, sumerxéndote nunha cidade de información cuxos edificios están construídos con palabras, fotos e bits vivos. (http://www.lafh.info/staticViewPage.php?cat_ID=226&idioma=ES)Información complementaria:
Este tipo de computadoras adoita ter unha interacción constante co usuario que o emprega e é controlado pola voz en moitos casos, aínda que o usuario non teña consciencia disto todo o tempo. Os ordenadores vestibles utilízanse en sistemas de modelaxe do comportamento (para analizar as reaccións das persoas ante estímulos externos), en sistemas de monitorización da saúde, en tecnoloxías da información e en sistemas de realidade aumentada.