Tecnoloxía que estende os servizos da telefonía móbil (voz, datos e IP) sobre redes sen fíos (WLAN) utilizando un teléfono móbil dual, o que permite aumentar a cobertura GSM no interior dos edificios e que os usuarios do móbil poidan aproveitar as vantaxes da banda ancha nos terminais móbiles.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
UMA
Ver tamén:
Internet Protocol; sistema global de comunicacións móbiles; WLAN