Velocidade con que se move a fase que se corresponde coa velocidade dun punto concreto da onda, por exemplo, un máximo ou un mínimo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
Vp
Información complementaria:
A fase é o ángulo que vai dentro da función senoidal que define a onda. A velocidade de fase non é a velocidade da enerxía ou a información que leva a onda. Matematicamente a velocidade de fase calcúlase dividindo a frecuencia angular (ω) polo número de ondas (k). Vp = ω/k.
Ver tamén:
onda; velocidade de grupo