'Fundación de software aberto', organización fundada para crear un estándar aberto para a implementación do sistema operativo Unix.
Categoría Gramatical:
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Abreviatura:
OSF
Información complementaria:
A organización foi proposta en primeira instancia por Armando Stettner.
Open Software Foundation foi unha organización fundada en 1988 para crear un estándar aberto para a implementación do sistema operativo Unix. En 1996 fusionouse coa organización X/Open, transformándose en The Open Group.
Ver tamén:
Unix