Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

órbita xeosíncrona

Órbita de satélites cunha altitude de 35.786 km situada no ecuador da Terra, cun período igual ao período de rotación, de xeito que os satélites situados nela sempre están na mesma posición relativa respecto aos elementos da superficie da Terra.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
órbita de Clarke; órbita Clarke; órbita xeoestacionaria
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Na órbita xeosíncrona sitúanse satélites de comunicación e satélites meteorolóxicos. O nome "órbita de Clarke" débese ao escritor de ciencia ficción A.C. Clarke, xa que foi o primeiro en difundir a idea da utilidade dunha órbita xeosíncrona para a súa utilización polos satélites de comunicacións. A denominación "órbita xeoestacionaria" en realidade é unha contradición (por definición, unha "órbita" non pode ser "estática"), pero úsase para as órbitas xeosíncronas ecuatoriais circulares e, na actualidade, coma sinónimo de "órbita xeosíncrona".
Ver tamén: 
órbita; órbita terrestre ecuatorial baixa; órbita terrestre baixa; órbita terrestre media
Traducions
Tradución castelán: 
órbita geostacionaria; órbita geosíncrona; órbita geosincrónica; órbita Clarke
Tradución francés: 
orbite géostationnaire; orbite Clarke
Tradución inglés: 
geostationary orbit; geosynchronous orbit; GEO; Clarke orbit