Fibra óptica de núcleo estreito que só admite un modo de propagación e ten polo tanto unha dispersión case nula, un maior ancho de banda.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
monomodo
Exemplo:
A fibra monomodo é máis cara que a multimodo pero permite tendidos máis longos e maior transferencia de información.Información complementaria:
Adóitase chamar co nome comercial OS1. A característica principal é o diámetro reducido do núcleo da fibra ata un tamaño (8,3 a 10 micróns) que só permite un modo de propagación. A maioría de fibras monomodo teñen un núcleo de 9 micras e un diámetro externo de 125. A súa transmisión é paralela ao eixe da fibra. A diferencia das fibras multimodo, as fibras monomodo permiten alcanzar grandes distancias (ata 100 km máximo, mediante un láser de alta intensidade) e transmitir elevadas taxas de información (decenas de Gb/s).
Ver tamén:
fibra óptica; fibra multimodo; fibra de salto de índice; fibra de índice gradual