Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

fibra multimodo

Fibra óptica de núcleo ancho que admite múltiples modos de propagación polo que, se sofre dispersión modal, a información tende a degradarse e pode perderse.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
multimodo
Exemplo: 
As fibras monomodo adoitan chamarse cos nomes comerciais OM1 e OM2. A fibra OM1 ten un núcleo de 62.5 micras de diámetro e un diámetro exterior de 125. A OM2 ten o mesmo diámetro externo e un núcleo de 50 micras. A fibra OM2 ten menor dispersión e polo tanto permite maior ancho de banda e tendidos de maior lonxitude.
Información complementaria: 
A dispersión modal reduce a distancia máxima de tendido e a cantidade de información que se vai transmitir. Isto supón que non todos os raios chegan á vez, o que orixina ancheamento temporal nos pulsos de luz, que fai imposible transmitir taxas binarias elevadas a distancias superiores a 1 km. O núcleo dunha fibra multimodo ten un índice de refracción superior, pero da mesma orde de magnitude que o revestimento. Debido ao gran tamaño do núcleo dunha fibra multimodo, é máis fácil de conectar e ten unha maior tolerancia a compoñentes de menor precisión. Existe a fibra multimodo de índice gradual onde non hai propiamente un núcleo senón un índice de refracción variable. A dispersión é moi baixa pero este tipo de fibras practicamente non existe en forma comercial e son só prototipos de laboratorio.
Ver tamén: 
dispersión; fibra de índice gradual; fibra de salto de índice; fibra monomodo; fibra óptica
Traducions
Tradución portugués: 
fibra multimodo
Tradución castelán: 
fibra multimodal; fibra multimodo
Tradución francés: 
fibre optique multimodale; fibre multimode; fibre multimodale
Tradución italiano: 
fibra multimodo; fibra multimodale
Tradución inglés: 
multimode fiber; multimode fibre
Tradución alemán: 
multimode Faser; Vielwellenfaser; Multimodefaser