Fibra óptica na que a variación do índice de refracción non é un salto senón unha función continua.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
As fibras de índice gradual practicamente non existen en forma comercial, son só prototipos de laboratorio.Información complementaria:
A variación continua do índice provoca unha refracción continua que curva os raios de luz. Aínda que hai varios modos (fibra multimodo) todos teñen a mesma velocidade de grupo. Non existe dispersión modal.
Ver tamén:
fibra óptica; fibra monomodo; fibra multimodo; fibra de salto de índice